Corenta e sete nenos no novo curso do Horto Ecolóxico Infantil de Carballo

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

Aínda quedan tres prazas vacantes, polo que as familias interesadas poden anotarse

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Corenta e sete nenos de Carballo comezaron onte o curso nos obradoiros do Horto Infantil Ecolóxico Municipal. Desde o Concello informan de que aínda quedan 3 prazas vacantes para a quenda dos martes e os venres, co cal as familias interesadas aínda poden anotar aos seus fillos.