A mural homenaxe á relación con L'Isle Jourdain está xa acabado

La Voz CARBALLO / L AVOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Loce situado na rúa Vila de Noia de Carballo, e é obra de Santi Picos e Cristina Castro

16 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O mural ao aire libre titulado Jumelage, situado na rúa Vila de Noia de Carballo e encargado para conmemorar o 25 aniversario do irmandamento con L'Isle Jourdain, está xa finalizado. Foi obra de Santiago Picos e Cristina Castro e incorpora elementos relativos a cada pobo, como a folla de carballo ou os girasoles que poboan os campos da localidade francesa. Paralelamente, os dous concellos e os comités de irmandamento promoveron unha exposición con fotos das obras de arte urbana de Carballo que terá lugar no Musée européen d'art campanaire, en Francia.