Declara de novo no xulgado carballés o investigado polo crime de Cabana

La Voz CARBALLO /A VOZCARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

A causa penal continúase instruíndo baixo a Lei do Xurado

12 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O home de 81 anos, investigado pola morte do seu cuñado, de 83 anos, o pasado mércores pola mañá na vivenda que ambos compartían xunto coa esposa do falecido, volveu declarar onte, tal e como xa fixese o xoves da semana pasada, ante a titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Carballo. Tamén o fixeron outras tres presentas en calidade de «testemuñas-prexudicadas», segundo apuntaron fontes xudiciais.

De forma paralela, a instrutora deste caso acordou a práctica de máis dilixencias, que se tomen declaración a máis testemuñas e solicitou novos informes forenses.

Cabe lembrar que J.?C.?L., de 83 anos de idade, faleceu practicamente no acto, supostamente, por un golpe na cabeza efectuado por unha barra de ferro, e atribuído ao seu cuñado. Foi nun galpón anexo á vivenda situada no número 13 do lugar da Rectoral, na parroquia cabanesa de Corcoesto.

O único sospeitoso é o seu cuñado, de 81 anos, quen xa declarou no cuartel da Garda Civil de Carballo ás poucas horas de perpetrarse o crime, quedando en liberdade, en calidade de investigado.

A investigación apunta a que o falecido pretendía matar á súa esposa e ao seu cuñado cunha escopeta de antes da Guerra Civil.

A causa penal continúase instruíndo baixo a Lei do Xurado

De forma paralela ao comezo destas dilixencias penais abertas por esta morte xudicial, o procedemento séguese instruíndo dentro da Lei do Xurado, ou o que é o mesmo, que o investigado, se así o determina a instrutora, sería xulgado no seu momento por un xurado popular na Coruña, ao tratarse dun crime.

En todo caso, segundo apuntaron varios avogados e técnicos expertos en temas procesuais, que a xuíza teña iniciado estes trámites baixo o amparo da Lei do Xurado, non quere dicir con iso que finalmente o agora investigado (que se atopa en liberdade provisional) estea en mans un xurado popular. Todo podería variar en función dos resultados das novas dilixencias e das probas forenses solicitadas pola xuíza que leva o caso.