Unha ducia de xogadores de talla mundial pasaron polas Eiroas

Antonio Longueira Vidal
TONI LONGUEIRA CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

SERGIO PEREZ

TORNEO INTERNACIONAL ALEVÍN FÚTBOL-7 CONCELLOS DE CARBALLO | Hoxe arrinca, a partir das 10.00 horas, a XV edición deste prestixioso campionato. Angeliño, Denis Suárez, Carles Aleñá, Rodri Hernández, Bernat, Diogo Dalot, Take Kubo, Brais Méndez ou Jony son algúns ilustres que pisaron o recinto carballés

08 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O xaponés Takefusa Kubo, coñecido por Take Kubo, ten 18 anos e o PSG ten todas as papeletas para levarllo ao Parque dos Príncipes de París. Este talentoso xogador pertenceu no seu día ao Barcelona e na edición do 2013 do Torneo Internacional Alevín Fútbol-7 Concellos de Carballo Memorial José Luis Vara Olveira brillou por amais do resto. Dianteiro rápido e veloz, foi o máximo goleador da competición.

E é que polas Eiroas pasaron rapaces que hoxe en día son todos uns ilustres do fútbol a nivel mundial. Bernat, xogador do PSG e ex do Bayern de Múnic, tamén triunfou en Carballo xogando de lateral. Do mesmo xeito que Rodrigo Hernández, Rodri, centrocampista do Atlético de Madrid e ex do Vilarreal, polo que suspiran o Bayern de Múnic e o Mánchester City, é outro dos exemplos da transcendencia que cada ano ten este campionato de fútbol base.

Carles Aleñá, centrocampista do Barcelona, foi elixido mellor xogador do torneo no ano 2010. O de Mataró foi o capitán do Barça naquela edición. O vigués Denis Suárez, cedido polo Barça ao Arsenal, tamén deixou mostras da súa calidade co Celta , como tamén o fixeron Jonathan Castro, coñecido por Jony, ou Brais Méndez polo que suspiran varios equipos da Liga .

Diogo Dalot, defensa polo que o Manchester United pagou o pasado ano 22 millóns de euros, participou e destacou en xuño do 2011 co equipo no que se formou deportivamente, o O Porto.

Pero, sin duda, hai dous xogadores que ten unha gran vinculación emocional co Torneo Internacional Alevín Fútbol-7 Concellos de Carballo José Luis Vara Olveira. O coristanqués José Anxo Esmorís Tasende, Angeliño, actual lateral esquerdo do PSV holandés, formouse na canteira das Escolas Luís Calvo Sanz e gañou un campionato.

Miguel Loureiro é o outro nome propio. Naceu en Cerceda e formouse nas Escolas Luís Calvo Sanz e nas categorías inferiores do Bergantiños. Triunfou en varios equipos, aínda que o seu mellor versión a ofreceu no Córdoba.