Unha xornada en Carballo para celebrar os 40 anos da Directiva Aves

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Paco

A Sociedade Galega de Ornitoloxía ten organizado para mañá un encontro no Fórum

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá • 09.30 horas • Fórum de Carballo • Neste 2019 cúmprese o 40.º aniversario da aprobación da comunmente coñecida como Directiva de Aves, un fito en materia de conservación de medio ambiente a nivel europeo e, particulamente, das aves e o seu hábitat.

Conmemorando estes catro decenios, para mañá, no Fórum de Carballo, está prevista a xornada «Pasado, presente e futuro dás Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) en Galicia». Organiza a Sociedade Galega de Ornitoloxía e desde as 09.30 horas irán intervindo distintos relatores desta entidade, así como, entre outros, Octavio Infante, responsable do programa de conservación de espazos de SEO / Birdlife. Representantes do Concello e da Xunta estarán presentes.