Encontro do medio século do instituto Brañas, os nados no 69

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

CONVOCATORIA | Están a organizar un xantar, en principio, para o mes de setembro

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Medio século de instituto Alfredo Brañas carballés é o que pretende reunirse cun encontro que un grupo de persoas andan preparando, en principio, para o 7 de setembro. Aquelas nadas no ano 1969 que teñan cursado estudos no IES, e que coñezan a outras nesta mesma situación, poden sumarse á iniciativa, para a que se creou ademais unha páxina en Facebook. Existe un correo ao que se pode escribir en caso de estar interesados en tomar parte neste xantar: celebracionabranas69\gmail.com. A idea, despois, é crear un grupo de Whatsapp, de forma que sexa máis doado ir informando os detalles. Xa son moitos os que se han ir anotando ao encontro, máis de 60 persoas, pero desexan que se sumen todas as posibles.