Mobilizados os bombeiros por un lume nun piso da rúa Luis Calvo carballesa

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

Orixinouse na campaña extractora, pero non houbo que lamentar grandes danos materiais

19 abr 2019 . Actualizado ás 16:25 h.

Bombeiros de Carballo, Policía Local e Protección Civil foron mobilizados próximas as tres menos cuarto da tarde deste Venres Santo debido a un incendio na rúa Luis Calvo, no terceiro piso do edificio número 11. Segundo informou Protección Civil, queimouse unha campá extractora, aínda que non houbo que lamentar grandes danos materiais, nin sequera na cociña. Tan só se viu afectada a propia campá, polo fume, polo que as tarefas consistiron en ventilar a estancia.