O Sofán, con dez durante unha hora, perdeu en Foz

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Preferente Autonómica. A expulsión do carballés Juanjo resultou clave no triunfo lucense (4-2)

14 abr 2019 . Actualizado ás 20:33 h.

O Foz goleou no municipal Martínez Otero ao Sofán, que xogou durante sesenta minutos cun menos por expulsión (vermella directa), moi protestada por outra banda polo cadro carballés, de Juanjo.

Os locais adiantáronse moi pronto no marcador. No minuto 6 anotou Dani Chao. Cinco minutos despois empataba, de penalti, Raúl. Os locais volveron adiantarse á media hora (Asier, min 32) e acto seguido veu a xogada polémica do partido, a expulsión de Juanjo. O cadro visitante intentou a heroica, pero os lucenses sentenciaron na segunda parte. O gol, tamén de penalti, anotado por Parafita, (min 88), só serviu para maquillar o resultado (4-2).