O PP carballés incorpora a José Antonio Domínguez Pallas ao seu proxecto

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Licenciado en Dereito e natural de Sísamo, exerce como procurador do Partido Xudicial de Carballo

16 feb 2019 . Actualizado ás 18:18 h.

O candidato do PP á alcaldía de Carballo, Aurelio Núñez, deu a coñecer a un novo membro do seu equipo de traballo de cara ás próximas eleccións. Trátase de José Antonio Domínguez Pallas (Sísamo, 1981) e é licenciado en Dereito. Desde hai 12 anos exerce como procurador do Partido Xudicial de Carballo.

Así, e tras a incorporación de Paula Nogueira, Pallas será o segundo «reforzo» que os populares anuncian de cara aos comicios. «Trátase, como dixemos no seu día, de abrir o partido a todas as persoas que queiran achegar o seu granito de area. É o que fixemos con Nogueira e o que continuamos facendo agora», reseña Núñez. Cualifica a Domínguez como unha persoa cunha bagaxe profesional que pode ser moi útil á vida municipal

. Nesta mesma liña, a presidenta do PP de Carballo, Margarita Varela, apuntou que o novo integrante do equipo vive moi ligado ao ámbito rural, o que lle permite coñecer as inquietudes e necesidades destes veciños. «Veño con moitas ganas de traballar con humildade para mellorar a calidade de vida dos veciños de Carballo. Creo que estamos ante unha boa oportunidade de cambiar as cousas», dixo pola súa banda José Antonio.