O club Sysca revalidou o título de campión galego

Melissa Rodríguez
melissa rodríguez CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

Salvamento de piscina | O torneo en categorías basee celebrouse en Carballo

22 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Sysca carballés arrincou a fin de semana sendo o club anfitrión do Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo de piscina en categorías basee, e acabouno revalidando o título de campión logrado na pasada campaña. Participou con 34 deportistas, metade mozos e metade mozas, repartidos en alevín, infantil e cadete. En fronte tivo a máis de 200 nadadores de toda Galicia, entre os que estaban integrantes do Sal larachés e do Cerceda.

O club de Carballo fixo pleno na categoría cadete, na que quedou primeiro clasificado tanto en feminino, como en masculino e conxunto. Destacou Gabriel Rodríguez ao establecer dúas marcas nas probas de 100 metros rescate con atletas e 50 metros remolque manequín. Por equipos, a cifra de marcas espectaculares aumentou a catro.

A seguinte categoría na que o Sysca asinou mellores resultados foi na alevín, con dúas primeiras posicións xerais en categoría feminina e conxunta, e unha terceira en masculina. Aquí brillou Sara Puñal. En infantil logrou un terceiro, un cuarto e un quinto postos.