Ruta das bicis de Reyes co Club Ciclista Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

A entidade organizou unha saída para o 7 de xaneiro, polo Bosque do Añón

09 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A afección polas dúas rodas mantense en Nadal. O Club Ciclista Carballo promoveu para este pasado luns unha saída polo Bosque do Añón. Fíxoo cunha invitación clara desde as súas redes: «Dende o CCCarballo esperamos que os Reis trouxeran moitas bicicletas esta noite. Para darlles unha boa estrea, os nosos monitores sairán ás 12.00 da Praza do Concello para dar un paseo. Ven con nós!». E así se lles viu, pedaleando na natureza. Na imaxe, á saída.

Ana Garcia