Novo centro de fisioterapia en Carballo: Azos, con Raquel Guillamet

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

A moza abriu as portas do seu negocio este pasado 2 de xaneiro

09 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Tras traballar xa en varias clínicas, a carballesa Raquel Guillamet Suárez, de 28 anos, abriu o día 2 de xaneiro na rúa Alfredo Brañas de Carballo o centro de fisioterapia Azos. Previamente, na noite do 28 de decembro, celebraran a inauguración, cunha boa resposta. Tamén destes días iniciais fai bo balance Raquel. Fisioterapia manual, electroterapia, pilates e hipopresivos é parte do que alí ofrecen.