Un centenar de locais en Semecachadescóntovos

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

A iniciativa comercial carballesa bate a marca de participación, e terá descontos e agasallos para os clientes

12 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Venres • Cen comercios de Carballo • Organiza o Concello • A campaña comercial Semecachadescóntovos regresa a Carballo, da man da Concellería de Promoción Económica. E, sobre todo, da dos comercios, que creceron e agora son un centenar (triplicáronse en catro anos) os que participan nesta iniciativa que pretende fomentar as compras en Carballo (Agasalla Carballo, chámase a promoción) e ademais divertir e ofrecer agasallos aos clientes. Empezará este venres con sorpresas que se desvelarán esa mesma xornada ao mediodía. Para ultimalo todo, o luns pola noite celebrouse unha reunión no Fórum entre os organizadores e os participantes. Haberá descontos de entre o 10 e o 15 % cando os clientes consigan ese tipo de premios nos cartóns que se lles entregan coas compras. O Concello faise cargo do custo do resto dos premios, que inclúen varias experiencias, unha viaxe e diversas actividades paralelas.