Carballo terá un dos centros de coworking da Deputación

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Carballo únese a Oleiros, Brión e Boiro, que forman o embrión desta futura rede de centros

11 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, asinaron onte na Coruña o convenio para a creación, no Fórum carballés dun dos centros de coworking que formarán parte da Rede Provincial de Centros de Traballo Colaborativo. O proxecto supón un investimento de 93.750 euros, dos que o 80 % achegaraos directamente o ente provincial a través dos fondos da liña de axuda a emprendedores do Plan de Emprego Local.

Grazas a estes recursos adaptar un espazo de case 160 metros cadrados dispoñibles no Fórum, con capacidade para dar acollida ata 18 novos proxectos empresariais, cuxa actividade de negocio estará orientada ou vinculada ao sector tecnolóxico ou de innovación.

Carballo únese a Oleiros, Brión e Boiro, que forman o embrión desta futura rede de centros, que inclúen espazos xa existentes e outros de nova creación, sempre para iniciativas emprendedoras.