A parroquia carballesa despide ao sacerdote Walter Bejarano

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

Esta mañá, ás 11.30 horas, celebraranse as exequias polo sacerdote César Walter Joaquín Bejarano Riquelme, vigairo parroquial da Unidade Pastoral de Carballo

20 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Esta mañá, ás 11.30 horas, celebraranse as exequias polo sacerdote César Walter Joaquín Bejarano Riquelme, vigairo parroquial da Unidade Pastoral de Carballo. Tiña só 46 anos e faleceu por mor dun derrame cerebral. Onte, á primeira hora da mañá, houbo xa unha misa na capela do tanatorio O cura era orixinario de Buenos Aires e ten un irmán que reside alí. Parece que a idea é que os seus restos sexan trasladados a Arxentina.

Para o funeral, que se intúe multitudinario, agárdase a presenza de numerosos sacerdotes da Costa da Morte e de Santiago e probablemente a presenza do arcebispo, Julián Barrio Barrio.