Tangana nun partido de xuvenís entre o Sofán e o Os Miúdos

Melissa Rodríguez
Melissa Rodríguez CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

O árbitro recolle na acta que temeu pola súa integridade física

19 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Un boureo desluciu totalmente o partido entre o Sofán e o Os Miúdos, en Primeira Autonómica xuvenil, disputado este sábado no campo do Carral. Segundo recolle o árbitro, José Ageitos Pasantes, na acta, no minuto 71 e tras un saque de esquina, un xogador local quedou tendido sobre o terreo de xogo, ao que dous futbolistas de ambos os conxuntos reaccionaron enfrontándose e recriminándose o un ao outro unha suposta agresión. O colexiado apunta que Jonathan Rial, do Sofán, agrediu coa man e con forza excesiva a Flavio Sendón, do Os Miúdos, na cara, ao que a totalidade dos xogadores de ambos os equipos responderon con insultos e agresións os uns aos outros. Pero aínda houbo máis.

Describe que á pelexa inicial sumouse a invasión de campo por parte das afeccións para separar aos mozos. Entre eles, o adestrador do equipo visitante, Gabriel Iago Formoso que cumpría, nese momento, sanción. Así mesmo, engade que algún que outro afeccionado chegou a ameazalo, polo que procedeu a suspender o partido, temendo pola súa integridade física. Arroupado polo presidente e o delegado do Sofán, decidiron chamar ás forzas de seguridade, pero acto seguido cancelaron a petición para ver como transcorría a situación. Vinte minutos despois, e tras a toma de decisións disciplinarias (a expulsión de ambos os xogadores), reiniciou o partido (2-1).