Falece aos 46 anos, en Carballo, o sacerdote Walter Joaquín Bejarano

Santiago Garrido Rial
S. G. Rial CARBALLO

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

O enterro será mañá martes ás 11.30, e hoxe haberá unha misa no tanatorio

20 novs 2018 . Actualizado ás 11:51 h.

A xornada de onte na parroquia estivo marcada pola tristeza e a conmoción que produciu a morte de César Walter Joaquín Bejarano Riquelme. Sacerdote de 46 anos, de Buenos Aires, formaba parte da unidade pastoral de Carballo desde o venres previo á Semana Santa deste ano (da o que foi pregoeiro) en marzo. Integrouse moi ben e era moi apreciado.

Vivía na reitoral carballesa e ocupábase sobre todo dos oficios relixiosos na capela da Brea e a parroquia de Ardaña, aínda que tamén estaba implicado en todo o traballo pastoral e social de Cáritas. O velorio empezará hoxe ás 9.00 horas no tanatorio do Grupo Bergantiños. Haberá misa de ánimas hoxe, na capela do tanatorio, ás 20.30, e o enterro será mañá ás 11.30 horas.