Comeza o proceso para reformar cale Concepción Arenal de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

JANET GONZALEZ VALDES

A Xunta de Goberno Local de Carballo dá hoxe luz verde a numerosos expedientes

19 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobará, na súa reunión de hoxe, o contrato para reurbanizar cale Concepción Arenal. É un dos numeroso asuntos que se tratarán, entre eles a reforma integral do Museo de Bergantiños, ou a compra de terreos xunto á capela e cemiterio de Alborín (Rus) para destinalos a aparcadoiro, o mesmo que as obras de saneamento e abastecemento en Figueroa e Outeiro (Sísamo).

O Concello tamén comprará un tractor e unha rozadora de brazo, e a Policía Local farase cun todo terreo híbrido. O actual ten xa 18 anos e necesita renovación