Dous mozos delincuentes carballeses acumulan 31 reclamacións xudiciais

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

As cifras de implicados en causas pendentes coa Xustiza reducíronse nun ano

11 novs 2018 . Actualizado ás 09:10 h.

As forzas de seguridade de Carballo e Arteixo intensifican a procura de Iván Añón Botana, o condenado a 27 anos de prisión por asasinato e que leva fuxido desde o 10 de outubro do penal de Teixeiro tras non regresar despois dun permiso carcerario. Sobre este mozo pesa unha requisitoria (orde) de reingreso no cárcere.

Pero non é o único caso. Só na capital de Bergantiños hai outras tres presentas sobre as que penden diversos requirimentos, no marco das investigacións abertas. Dous deles son, sin duda, dos máis buscados ao sumar 31 ordes ditadas por xuíces e maxistrados.

leva a palma Pedro López Añón, Pedrito. Aos seus 25 anos, lidera o ránking, con 17 requisitorias, unha delas de ingreso en prisión, segundo os últimos datos da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local. As forzas de seguridade relaciónano con máis 80 feitos, algúns perpetrados, supostamente, sendo menor de idade. O mozo deu a súa versión destas cifras nunha conversación telefónica datada o 25 de outubro do 2017: «Non son ningún delincuente. Non hai ningunha proba en contra de mín porque se así fose xa estaría en prisión», argumentou Pedro López Añón, quen matizo por aquel entón que o investigaban por «89 delitos en 16 detencións». E puxo como exemplo o caso no que foi absolto, polo xuíz Taín, xunto a Benjamín López Rojo , Japito, de dous roubos polos que a Fiscalía lles pedía 10 anos de prisión.

O segundo no ránking de requisitorias é Jacobo Delgado Maceiras. Nado e vinculado á Coruña e Betanzos, relaciónaselle con estafas e outras actividades ilícitas perpetradas, presuntamente, en Carballo. Acumula, segundo a Garda Civil, 14 requirimentos xudiciais, ningún deles de ingreso en prisión. Foi detido a comezos de outubro do 2016 en relación a 25 delitos de apropiación indebida, dúas de estafa e un de furto así como dous requisitorias de detención ditadas por diferentes xulgados.

A terceira persoa sobre a que pende unha requisitoria é Patricia Pombo Pombo, pero no seu caso non é por ingreso en prisión, senón por personación, segundo a Garda Civil.

Caída das cifras

En todo caso, as cifras de persoas con requisitorias xudiciais reducíronse en apenas un ano. Elías Álvarez Fernández, con 6 requirimentos ás súas costas, foi detido na Coruña a comezos deste ano. Foi apresado con anterioridade en polo menos 22 ocasións. 

José Antonio Díaz Pereira, O Madrileño, tamén tiña avisos xudiciais pendentes. Foi arrestado fai unhas tres semanas e tras prestar declaración nun xulgado do Penal da Coruña quedou en liberdade á espera de xuízo. Sobre este mozo hai unha investigación aberta por parte de Tráfico da Garda Civil en relación á morte en accidente de circulación de Víctor Martínez Espasandín, de 21 anos, na noite do 14 de outubro do 2017. Os axentes da Garda Civil encargados do caso sitúano como o condutor do vehículo que se estampou contra un talude na zona da Revolta, Carballo.

Iván Añón Botana cumpre un mes fuxido de Teixeiro tras gozar dun permiso carcerario

Iván Añón Botana leva xa un mes fuxido. O 10 de outubro caducaba o permiso concedido pola Junta de Tratamento do Complexo Penal de Teixeiro e o Xuíz de Vixilancia Penal. Aquel 10 de outubro (mércores) tiña que acudir ao cuartel da Garda Civil de Carballo para asinar e regresar a prisión, como xa fixera en, polo menos, dúas veces anteriores.

Con todo, nesta ocasión non o fixo. Institucións Penais emitiu unha orde de arresto contra Iván Añón Botana. Tanto a Garda Civil como o avogado que levou a súa causa fai dez anos, Jorge Vázquez Vila, dixeron que desde a contorna do fuxido apuntouse a «causas persoais» para non regresar ao cárcere para cumprir o resto de condena de 27 anos por asasinato. Tamén desde a contorna asegurouse que axiña que «Iván resolva estas cuestións persoais presentarase no cárcere». As forzas de seguridade seguen centrando a procura en Arteixo, e, sobre todo, en Carballo.