Arrestado dúas veces un austríaco por entrar en varias casas

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

Tamén o relacionan cun roubo nun campamento de surf de Carballo

21 sep 2018 . Actualizado ás 07:52 h.

Axentes da Garda Civil de Carballo detiveron os días 7 e 13 ao austríaco Lukas Markus Paulin, nacido en 1971, investigado en relación a un roubo nun campamento de surf de Carballo, e por entrar en varias casas, nalgúns casos en estado ebrio, de Razo e Rabuxenta (Coristanco) en busca de comida e alcol.