O Xiria pasa á terceira rolda da Copa Galicia e o Boia queda polo camiño

Melissa Rodríguez
Melissa Rodríguez CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

ANA GARCÍA

Balonmán | Os carballeses venceron ao Luceros por 25 a 26 e os camariñáns caeron contra o Lavadores por 31 a 19

16 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Calvo Xiria disputará a terceira rolda da Copa Galicia tras vencer onte ao Luceros por 25 a 26. Foi o primeiro partido da competición para os carballeses tras ter garantido o pase directo ao quedar subcampións de liga. Foi un duelo moi rifado no que se chegou ao descanso con empate a 13. Na segunda parte, os de Fernando Vázquez lograron tomar vantaxe (5 goles por amais do rival) grazas a un mellor traballo en defensa. No entanto, as perdas de balón e a maior presión do Luceros fixeron que os locais remontasen ata pórse a só un gol por baixo a falta de 15 segundos para o cesamento do partido. Pero o Calvo Xiria aguantou ben e conseguiu pasar á terceira rolda na que se enfrontará ao Cangas, equipo de Asobal.

Pola súa banda, o Conservas Aboia, que xa entrou en liza na primeira rolda (31-26 contra o Octavio), caeu derrotado ante o Lavadores por 31 a 19. A diferenza de goles mantívose desde o principio do choque pola falta de cambios e o elevado potencial do rival (aínda máis reforzado esta campaña).