«Amodo, Amodiño» con Trécola e Apego en Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

Nenos de 4 a 10 anos estaban chamados a participar nesta sesión de historias contadas

03 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Miska e Muska, grandes amigas, teñen algunha que outra afección en común. Por exemplo, a bicicleta. Trécola Teatro contou onte a súa historia na ludoteca carballesa, dentro do programa Apego, para a socialización en lingua galega dende as ideades mais temperás. «Amodo, amodiño» era o título do espectáculo, para nenos de 4 a 10 anos. Historias contadas para os máis novos.