Cen anos de «O Fidalgo», de San Luís Romero

Marta López CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

O Casino acolleu onte un acto de homenaxe no mesmo día en que se cumpriu o centenario da súa estrea en Santiago

18 ene 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

«‘O Fidalgo’ é un espello da realidade da época». Así definen Alfonso Rey López e Breogán Rey Souto, editores de Xenreira, á obra de Xesús San Luís Romero .

Onte cumpríronse xustamente cen anos estreo absoluto no Teatro Principal santiagués e en Carballo non quixeron deixar pasar a oportunidade para renderlle unha merecida homenaxe á peza teatral «máis representativa da dramaturxia galega», opina Xan Fraga Rodríguez, que se encargou de conducir o acto.

Ante un Casino a rebentar de público e coa presenza de dous familiares directos do autor carballés -Lucas e Eugenia San Luís, sobriños netos do escritor- entre Fraga e Rosalía Fernández Rial debuxaron un carreiro pola relevancia histórica da obra, así como por toda a traxectoria vital e literaria de Xesús San Luís. Lembraron a represión á que foi sometido polo réxime franquista, a censura da súa obra Xenreira, o seu activismo social e, sobre todo, o ben que soubo captar a sociedade bergantiñá no Fidalgo, un espello no que mirarse.

Unha peza anticaciquil e un «documento literario dun dos episodios máis significativos [da historia galega]: a loita agraria», como apuntan María do Pilar García Negro e Xosé María Dobarro Paz no prólogo da edición publicada en 1986. Destacan o seu papel de «arma política», e a súa inclusión no teatro das Irmandades da Fala, así como a súa enraizamiento coa tradición dramatúrgica española. Expertos apuntan a que Fuenteovejuna, de Lope de Vega , foi sin duda una das influencias do autor carballés á hora de dar forma á súa peza. Ademais, destacan tamén os editores García Negro e Dobarro a «acumulación de caracteres dramáticos que pesan sobre a figura do cacique», o que reforza o seu carácter reivindicativo e anti sistema aínda máis.

Apunta Fraga que, unha vez rematada a súa intervención, o público interesouse pola traxectoria vital e laboral de San Luís Romero e que se mostrou moi partícipe no coloquio que seguiu ao acto de homenaxe.