Catro meses de prisión para o involucrado no asasinato de Bértoa por desobediencia

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

En concreto, por negarse a cumprir as indicacións dos axentes da Policía Local de Carballo, que o pasado venres acudiron ao accidente de tráfico, sufrido polo agora investigado polo crime de Bértoa, na rúa Alfonso X O Sabio

12 dic 2017 . Actualizado ás 20:04 h.

Foi mediante un xuízo rápido, a través de videoconferencia desde Teixeiro e houbo conformidade por todas as partes implicadas. Juan Bautista Rama Vázquez, o carballés relacionado co asasinato (así o tipifica a xuíza ao entender que houbo aleivosía e ensañamiento) do malpicán Óscar Manuel Mato Villar, foi condenado hoxe a catro meses de prisión por un delito de desobediencia grave á autoridade.

En concreto, por negarse a cumprir as indicacións dos axentes da Policía Local de Carballo, que o pasado venres acudiron ao accidente de tráfico, sufrido polo agora investigado polo crime de Bértoa, na rúa Alfonso X O Sabio.

O acusado non só non incumpriu a orde dos axentes de que se detivese, senón que emprendeu a fuxida ata que foi reducido e arrestado para o seu posterior traslado á xefatura.