Rotondas con vida vexetal, e cada vez maior, na Costa da Morte

Santiago Garrido Rial
S. G. Rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

Son poucas, e en xeral de escasa entidade, pero supoñen unha evolución estética

17 ago 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Houbo un tempo, e ademais non hai tantos anos, nos que as rotondas existentes na Costa da Morte contábanse cos dedos das dúas mans. Cada unha que se construía supuña toda unha novidade (e iso que os viaxeiros habituais estaban acostumados velas por todas partes), e hoxe forman parte da paisaxe urbana de toda a comarca. Xa non chaman a atención, salvo por dous detalles. Un, que algunhas se coidan máis ben pouco. E outro, que a estas alturas numerosos condutores aínda non teñen do todo claro como hai que tomalas.

Ao contrario do que ocorre en numerosos dous puntos do resto de Galicia e, sen dúbida, do resto de España e sobre todo Europa, a funcionalidade prima sobre a decoración: virar, e punto. Esculturas como a de Facal, en Carballo, ou mesmo a pedra de Carreira, en Zas, son a excepción. Noutras partes prima o coidado de xardíns ou monumentos. Aquí, non, xa bastante é tomala polo sentido correcto. Ocorre que, aos poucos, vai aparecendo vida vexetal nalgunhas que, polo xeral, teñen pouco tránsito, cunha excepción: a de Bértoa, en Carballo, que dá ligazón á autovía e o polígono desde a AC-552. Veremos se o tempo deixa crecer a ese carballo. Outras responden máis ben a vía que se fixeron sobre terreos particulares, e mantívose un mínimo elemento decorativo. A máis recente é a do San Martiño, en Carballo. Non lonxe, río arriba, xunto ao Bosque do Añón, hai outra un tanto peculiar. E en Baio, no Chamberín, a súa utilidade é case monumental: é unha leira privada para todo.