Algo máis de 2.600 persoas visitaron o faro Vilán en xullo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CAMARIÑAS

BASILIO BELLO

O 30 % dos turistas procedían da comunidade galega, e un 65 %, do resto do territorio nacional

03 ago 2021 . Actualizado ás 22:45 h.

A Asociación de Empresarios de de Promoción Turística de Camariñas fixo balance dos visitantes no faro Vilán este pasado mes de xullo. Foron un total de 2.640 persoas, o 30 % delas procedentes da comunidade autónoma galega e un 65 %, do resto do territorio nacional. Xa que logo, as visitas estranxeiras foron máis ben testemuñais. De entre os galegos, destacaron os da provincia coruñesa.