Recollida de aveños porta a porta, só os venres e con cita, en Camariñas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CAMARIÑAS

Ramón Leiro

Hai que apuntarse chamando ao Concello (981 736 000) indicando os datos persoais e o lugar no que hai que recoller os voluminosos

02 ago 2021 . Actualizado ás 23:52 h.

O Concello de Camariñas informa dun servizo de recollida de aveños porta a porta que opera todos os venres, aínda que para entregar algún tipo de residuo hai que seguir un procedemento. Para empezar, hai que apuntarse chamando ao Concello (981 736 000) indicando os datos persoais e o lugar no que hai que recoller os voluminosos. O límite por persoa está fixado en tres aveños, que non poden depositarse na rúa ata o xoves pola noite.