Novas vivendas na rede de saneamento de Camariñas, que vertían ao mar

La Voz

CAMARIÑAS

O Concello detectou moitos domicilios na zona de Cedeira e Fonte Barreira

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Camariñas detectou moitas vivendas da zona de Cedeira e Fonte Barreira que non se incorporaron á rede de saneamento, e que vertían directamente ao mar. O goberno local realizou unha intervención para resolver esta situación e reducir a contaminación de fecais, que afectaban á calidade da auga das praias de Area dá Vila e Camelle. Hai uns meses, tamén se incrementou a rede de saneamento cara a unha zona de Area dá Vila, e en breve recollerase toda esta área, e construirase un bombeo.