O PP de Camariñas acusa a Leiceaga de ter «miopía política interesada»

La Voz

CAMARIÑAS

CEDIDA

Responde o portavoz do grupo do Partido Popular ás críticas vertidas por Leiceaga na súa última visita á localidade

22 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Responde o grupo municipal do Partido Popular de Camariñas ás críticas vertidas á Xunta polo responsable socialista na súa última visita á localidade. Din os populares que Leiceaga se dedicou a «dar un mitin» e non valorou o compromiso do Goberno de Feijoo coa autovía, por exemplo. Engade o portavoz, Mauricio Aufiero ,que no PSOE son expertos en «tirar balóns fóra».