Falece Raquel Moreira, técnica do Museo do Encaixe camariñán

Santiago Garrido Rial
S. G. Rial CARBALLO / LA VOZ

CAMARIÑAS

JOSE MANUEL CASAL

A noticia causou unha gran conmoción na vila

13 oct 2018 . Actualizado ás 19:19 h.

Raquel Moreira Carril faleceu onte en Camariñas aos 48 anos. Deixa viúvo e dous fillos. O enterro será esta tarde, ás 18.00 horas, na igrexa e cemiterio parroquiais, con saída do tanatorio municipal Fernández Espín.

O falecemento de Raquel causou gran conmoción en Camariñas, pola súa mocidade e pola súa gran implicación cultural e social. Era técnica do Museo do Encaixe, onde traballaba tempo completo. Tamén era profesora na Escola de Escarvadentes, xa con moita experiencia docente.

Os seus ata agora compañeiros destacan dela a súa gran capacidade co encaixe, creando deseños especiais para as diferentes Mostras, ademais de ser unha mestra no picado. Participou en varias feiras internacionais representando a Camariñas.