Arrinca unha nova edición de «O Mar na Escola»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CAMARIÑAS

Ana Garcia

Onte foi a presentación no Concello de Muxía

18 abr 2018 . Actualizado ás 10:31 h.

Medio milleiro de alumnos de diferentes centros educativos dos municipios de Camariñas, Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión e Muxía participarán na 14.ª edición do programa O Mar na Escola. Xogando co Vento, organizado pola escola corcubionesa de vela Cataventos, en colaboración cos citados concellos, ademais de con a Secretaría Xeral para o Deporte, que incluíu a actividade dentro do programa deportivo escolar Xogade.

Os escolares inscritos no proxecto recibirán formación teórico-práctica en materia de navegación a vela e seguridade no mar, ademais de adquirir nocións de biodiversidade, ventos, acuicultura, ou correntes e mareas. Co obxectivo de favorecer un achegamento dos mozos ao océano e de que estes cualifiquen positivamente a contorna no que viven, ensinaráselles a valorar os recursos que achegan o mar e a contorna da ría. Ademais, terán a oportunidade de achegarse a un deporte minoritario como é a navegación, sempre nun ambiente lúdico e de diversión, no que os mozos compartirán experiencias cos monitores e co resto do alumnado.

As sesións prácticas levarán a cabo nas instalacións do club marítimo ou náutico que corresponda por zona aos centros, onde aplicarán os coñecementos adquiridos a través da práctica de diversas actividades como vela, kaiak, voo de cometas e taller de nós.

O proxecto finalizará en xuño coa entrega de diplomas e orlas aos participantes e centros.