Toda a maquinaria en marcha para unha nova edición do Meniñeiro en Cabana

La Voz

CABANA DE BERGANTIÑOS

O prazo para anotarse ás actividades, que se desenvolverán durante o mes de xullo, remata o día 21

17 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabana xa o ten todo listo para unha nova edición do programa Meniñeiro, que se desenvolverá no mes de xullo para facilitar a conciliación das familias durante o período vacacional. Os pequenos realizarán actividades educativas e lúdicas entre as 10.00 e as 14.00 na Casa dá Cultura durante todo o mes. Anotarse na educadora familiar ata o venres, día 21.