Malpica, Cabana, A Laracha e Laxe tamén celebraron plenos

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

Pleno de A Laracha
Pleno da Laracha

Estas foron as cuestións tratadas en cada unha das reunións de corporacións

27 novs 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O xoves tamén houbo sesións plenarias en Malpica , Cabana, Laxe e A Laracha. En Malpica aprobouse o cuarto Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, a solicitude dunha subvención á Deputación de 105.000 euros para a mellora nas redes de pluviais e pavimentación nas Cortes, A Campela e Aldeola, ademais de ratificarse o proxecto, por importe de 177.393 euros, para a mellora do teito no mercado municipal.

En Cabana , aprobouse subir a taxa da auga en función do IPC e tamén a ordenanza que regula a expedición de cartóns de accesibilidade.

En Laxe saíu adiante a moción do PP do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. E na Laracha, ademais de reivindicar o 25N, aprobáronse dúas mocións: a adhesión ao plan de mellora da difusión da programación infantil en televisión e o apoio ao sector lácteo. O PSOE abstívose ao non terse en conta unha emenda súa ao texto inicial.