O SAL larachés, segundo mellor club da Copa Galega 2021 de salvamento

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

Oito deportistas da agrupación acudiron ao encontro, celebrado no municipio de Cervo

01 ago 2021 . Actualizado ás 23:14 h.

Os encontros deportivos de salvamento seguen traendo felices noticias á Costa da Morte. Este sábado disputouse na piscina olímpica de Lieiro (Cervo) a Copa Galega 2021, na que o Club SAE (Salvamento Acuático A Laracha) logrou situarse como o segundo mellor club. Desprazáronse ata Cervo un total de oito deportivas, tres absolutos (Andrea Añón, Borja Díez e Noelia Loureiro) e cinco cadetes (Lucía Añón, Eloy Ferreiro, Anxo López, Luis Negreira e Pablo Nicolás Rodríguez). Todos eles, indican desde a agrupación, lograron boas marcas, o que se traduciu en bos resultados individuais (un total de 11 medallas) e nese posto como segundo mellor club da Copa.

Unha marca galega

SAE referencia todos os logros na piscina de Lieiro dos oito deportistas que acudiron á cita, e entre os que pode apuntarse o caso de Borja Díez. Logrou quedar segundo en 200 metros obstáculos e primeiro en 100 metros manequín aletas, así como primeiro en 200 metros supersocorrista, o que supuxo lograr, nesta última categoría, a marca galega.