Comeza o programa de voluntariado xuvenil da Laracha, con nove participantes

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

A Laracha

cedida

Teñen entre 16 e 30 anos e servirán de apoio aos técnicos especializados en distintas actividades organizadas polo Concello

01 ago 2021 . Actualizado ás 22:28 h.

Nove novos forman parte do programa de voluntariado xuvenil que este luns, 2 de agosto, ponse en marcha no municipio da Laracha coa colaboración da Xunta de Galicia. A actividade está dirixida a persoas de entre 16 e 30 anos que durante os próximos meses servirán de apoio aos técnicos especializados en distintas actividades organizadas polo Concello a nivel cultural, social, educativo, deportivo xuvenil, ambiental, de promoción do benestar para persoas maiores e igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Os voluntarios recibirán orientación, ademais da formación necesaria para o exercicio da súa actividade. Ao final de período recibirán un certificado oficial que acreditará a súa colaboración, ademais dunha compensación económica diaria polo seu traballo.

Outro programa de características parecidas, tamén dirixido a mozas, empezará a desenvolverse nos próximos días por parte da agrupación de Protección Civil.Ambos os plans dependen da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado do Goberno galego.