Unha alfombra floral polo Xacobeo que Caión luciu con orgullo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

A iniciatiav levou a cabo de forma simultánea en 250 localidades de 28 países

26 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Non foron poucos, nun domingo de bo tempo, os que onte admiraron a alfombra floral que se podía ver na Praza Eduardo Vila Fano de Caión. A localidade, grazas ás alfombristas do barrio de San Roque e do Rueiro dás Figueiras, cumpriu co seu compromiso coa Xestora de Alfombristas do Camiño de Santiago. Así, onte, do mesmo xeito que noutras 249 localizacións de 28 países do mundo, lucía esta creación con motivo do Xacobeo 2021 e ademais nunha xornada crave, o Día de Galicia. O deseño era o mesmo para todos. La Peña Royal agradeceu ao grupo o seu «traballo, sacrificio e dedicación unha vez máis, para que Caión estea á altura que merece, nesta ocasión no mundo». Recoñeceu ademais a entidade aos voluntarios que prestaron material e ao Concello, polo seu apoio material e loxístico.