O municipio larachés sumou 128 habitantes desde o pasado mes de marzo

La Voz

A Laracha

ANA GARCÍA

Durante a crise do covid, as persoas que fixaron a súa base na Laracha case triplicaron ás que se deron de baixa, sendo as zonas urbanas as máis elixidas

30 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde o pasado mes de marzo, o Concello da Laracha gañou 128 habitantes. Son 11.544 os totais, 5.866 homes e 5.678 mulleres. Nestes sete meses foron 254 as altas (208 por cambio de residencia e 43 por nacemento) e 126 as baixas (78 por cambio de residencia e 46 por defunción). Isto é, durante a crise do covid, as persoas que fixaron a súa base na Laracha case triplicaron ás que se deron de baixa, sendo as zonas urbanas as máis elixidas. A franxa de idade con máis veciños é a que vai de 40 a 49 anos. Doutro lado, traslada o Concello, son 319 os habitantes procedentes do estranxeiro, dun total de 34 países, estando á cabeza Marrocos, Portugal, Brasil e Italia.