O obradoiro de emprego larachés actúa na pasarela do paseo fluvial do Anllóns

La Voz

A Laracha

Os dez alumnos retomaron a actividade tras o parón polo covid

08 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A especialidade de carpintería de madeira do obradoiro de emprego da Laracha comezou a traballar na mellora do paseo fluvial do Anllóns. Os dez alumnos iniciaron esta actuación, que estaba prevista para a primavera pero que se paralizou polo covid. A outra especialidade, de pintura industrial, centra os seus traballos no interior e nas fachadas da Casa do Concello da Laracha.