Moción do PSOE larachés para que Xunta e Goberno paguen a axuda no fogar

La Voz

A Laracha

Ana García

Indica a portavoz que a asunción desta competencia é «insostible» para as arcas municipais

23 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O grupo municipal socialista da Laracha presentará unha moción ao próximo pleno para que o Concello inste a Xunta de Galicia e ao Goberno central a asumir o custo do servizo de axuda no fogar. «É unha competencia impropia que asumen os concellos. A situación é insostible para as finanzas municipais», considera a portavoz, Palomi Rodríguez.