Avanzan os trámites de obras de eficiencia enerxética na Laracha

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

ANA GARCÍA

En marcha a substitución de 1.397 luminarias nos núcleos urbanos da Laracha, Caión e Paiosaco e tamén as existentes na contorna do parque empresarial

18 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A última mesa de contratación do Concello da Laracha avanzou no procedemento previo á adxudicación dunha serie de proxectos promovidos polo Concello e enfocados na eficiencia enerxética na rede viaria municipal.

En concreto, son actuacións impulsadas polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, (IDAE). Un é o que fai referencia á substitución de 1.397 luminarias nos núcleos urbanos da Laracha, Caión e Paiosaco e tamén as existentes na contorna do parque empresarial. Está previsto que a adxudicación dos contratos leve a cabo «nos próximos días».

Cabe lembrar que o equipo de goberno local ten adxudicado a substitución dos puntos de luz nos núcleos rurais e está pendente de completar a contratación dos proxectos que afectan as instalacións e edificios municipais. En total, o executivo larachés investirá 1,2 millóns de euros en reducir a factura anual eléctrica e en favorecer o tránsito a unha económica baixa en carbono.