A Laracha acollerá un curso de defensa persoal en marzo

La Voz

A Laracha

Clara López

A inscrición é gratuíta e debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres (CIM)

15 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello dá Laracha, coa colaboración do club local Amigos do Judo, coordina un curso de defensa persoal para mulleres que se desenvolverá durante o mes de marzo. Constará de catro sesións, de dúas horas de duración cada unha, a desenvolver os sábados 7, 14, 21 e 28 de marzo entre as 17.00 e as 19.00 horas.

A defensa persoal é un instrumento de formación e aplicación física que comprende un conxunto de coñecementos, actitudes, habilidades e técnicas corporais dirixidas a previr, avaliar e actuar en consecuencia ante situacións de ameaza, conflito ou agresión. O curso que se desenvolverá na Laracha, que será impartido por instrutores das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, abarcará contidos relacionados con aspectos psicolóxicos, legais, estratéxicos e físicos.

A iniciativa vai dirixida a maiores de catorce anos de idade. A inscrición é gratuíta e debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha.