As migracións mostran o seu verdadeiro rostro na Laracha

La Voz CEE / LA VOZ

A Laracha

Clausurada a xornada Fortalecendo unha europa solidaria en tempos de migración, que contou coa participación dunha vintena de países europeos

15 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A experiencia de Beatrice Briguglio, sobre a adopción dun adolescente en Costa do Marfil ou a de Belén Rosbierte, como emprendedora arxentina de ascendencia galega e tamén como retornada, puxéronlle onte ás migracións na Laracha, dentro do programa Fortalecendo unha europa solidaria en tempos de migración, na que participaron unha vintena de países europeos.

Os seus testemuños e as achegas de Fanny Abelenda (Fundación Mulleres), Yoli Ledesma (Premio nacional Rede Luca contra a Pobreza da ONG Accem) e o cooperador internacional Juan Pampillón, axudaron a trasladarlle aos presentes unha realidade sobre as persoas migrantes ben distinta á tan de moda como basta manipulación que na España profunda serve mesmo para gañar espazo no Congreso dos Deputados.

Xa como peche, nun acto presidido polo alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e a directora xeral de Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, os socios participantes asinaron o Pacto dá Amizade e fóronse de excursión ao Parlamento de Galicia pola tarde, antes de emprender o regreso aos seus países