Andaina por Soandres

La Voz

A Laracha

BASILIO BELLO

O día 27 haberá un itinerario circular pola igrexa de Vilaño e Montesclaros

15 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Nin a intensa choiva da mañá do domingo arredró aos participantes nas Andainas Culturais organizadas polo Concello da Laracha. A segunda foi a Soandres e ao miradoiro de Santa Marta. Os participantes realizaron unha ruta de 5 quilómetros, pero o seu premio foi unha visita comentada ao mosteiro de San Pedro. As rutas comezaron o último domingo de setembro, co río Acheiro como destino. O último, o día 27, será un itinerario circular pola igrexa de Vilaño e o castro de Montesclaros.