As citas para este mércores na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

AXENDA | Anote as propostas, porque as hai ben variadas, e para públicos diversos

18 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A maiores da Semana dá Mobilidade, outras propostas están previstas para hoxe:

Caión (A Laracha)

Con Pablo Díaz

18.00 horas • O programa de igualdade «Un setembro diferente, un setembro entre iguais» continúa nas bibliotecas larachesas. Hoxe é a quenda para a de Caión, onde chegará Pablo Díaz co seu espectáculo «Contando números, cantando cores». Proposta para nenos maiores de catro anos.

Ponteceso

Semana do Alzhéimer

De 10.30 a 12.30 horas • Do mesmo xeito que onte fixeron na Laracha -imaxe superior-, Afaber instalará hoxe no centro de saúde da localidade pontecesana unha mesa informativa sobre o alzhéimer, onde se ofrecerá diverso material divulgativo. Forma parte da semana de actos que teñen deseñada en torno ao 21 de setembro -Día Internacional desta enfermidade- e que tamén para hoxe reservou unha excursión a Lugo.

Cee

Divulgación con Afafes

A choiva obrigou a pospor onte a xornada intergeneracional prevista por Afafes dentro da súa Semana do Alzhéimer, pero o programa de actos seguirá hoxe adiante cunha mesa informativa no hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Carballo

Sobre especies invasoras. O programa Eu Quero a Razo a Baldaio inclúe para hoxe unha mañá de retirada de especies invasoras, coordinada pola entidade Adega. Desenvolverase de 10.30 a 13.30, con punto de quedada na caseta de socorrismo de Baldaio. Os interesados poden consultar se quedan prazas no teléfono 981 570 099.

Alimentación con GadisDe 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas • Supermercados Gadis, en colaboración coa Fundación para o Estudo da Obesidade SEEDO, traerá hoxe ata a Praza do Concello de Carballo o seu tráiler cunha exposición itinerante que promove a alimentación equilibrada e o consumo responsable. Estará instalado mañá e tarde, segundo informaron.

Contos na biblioteca María Baña de Cabana

Hoxe • A biblioteca municipal María Baña, situada na Praza de Neaño, Cabana, vén de estrear o seu horario de inverno: de luns a venres, de 15.30 a 21.00. Empezan, tamén, as actividades de animación infantil dentro do programa Ler Conta Moito, da Xunta. A Nube Teatro interpretará esta tarde (17.00 horas) E ti quen es, lobo ou galiña? Espectáculo gratuíto.

Curso de técnicas de coaching con Axober

Hoxe • A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) ten organizado un curso de técnicas eficaces de coaching orientado ao sector empresarial. Empezará o 1 de outubro, pero o prazo para anotarse finaliza hoxe: poden inscribirse no local de Axober, chamando ao 981 756 313 ou ben enviando un correo electrónico a informacion\axober.org.