Un larachés de 65 anos falece ao caerlle amais un castiñeiro que estaba a cortar

La Voz

A Laracha

BASILIO BELLO

Atopábase preto dunha estrada do termo municipal da Laracha, a que enlaza Groba e Orxeiras, en Golmar

22 feb 2019 . Actualizado ás 23:45 h.

Un home de 65 anos faleceu este venres 22 de febreiro ao caerlle amais unha árbore. O aviso produciuse sobre as sete menos vinte da tarde. O 112 alertou de que un home sufrira un accidente cando cortaba leña preto dunha estrada do termo municipal da Laracha. En concreto, a que enlaza Groba, onde se produciu o suceso, e As Orxeiras, na parroquia de Golmar. Estaba a cortar ramas dun pequeno castaño e todo apunta a que se lle veu amais . O home caeu derrubado sobre a cuneta.

Foron mobilizados Policía Local, Protección Civil da Laracha, Garda Civil e o 061. O persoal sanitario só puido certificar a morte de José Rodríguez Coence, veciño de Gosende, na parroquia de Soutullo, moi preto de onde se produciu o sinistro. Un médico forense decretou o levantamento do cadáver e o seu traslado ao Chuac para serlle realizada a autopsia.