Orgullosos dos nosos

Melissa Rodríguez
Melissa Rodríguez A OUTRA CARA

A Laracha

BASILIO BELLO

19 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A 24.ª xornada en Terceira División será difícil de esquecer. Xa había tempo que os seguidores da comarca de Bergantiños non viviamos un domingo tan intenso e de boas alegrías. Porque, lembremos que a pesar de que o Laracha foi o único equipo da nosa zona que non sumou nin un só punto, estivo moi preto de levar os tres ou tan sequera un contra o Bergantiños. Cano marcou o 2 a 3 definitivo no minuto 90, logo de ambos os conxuntos regalarnos un cuarto de hora final tremendamente atractivo con numerosas ocasións de gol. Pero os rojiverdes non só destacaron porque chegaron a empatar o encontro e, mesmo, a pórse por diante, senón polo auténtico partidazo que fixeron. Foron a por o derbi desde o principio ata o final, sen temer a altura do adversario.

E que dicir do Bergantiños. Que sacou dun único atopo mil e uno aspectos positivos. O primeiro, a vitoria, por suposto, con ata tres tantos de cabeza, que ten o seu mérito. Pero é que ademais, os rojillos tiveron a sorte de que todos os da zona alta picaron, incluído o líder, o Racing de Ferrol, o que lles serviu para pórse colíderes e para aumentar a distancia respecto dos perseguidores. Con este éxito, en certo xeito, inesperado, poñen máis que fin a unha dinámica irregular no mes de xaneiro.

Pero para equipo que, máis que nunca poder dicir, deu a badalada en San Lázaro, foi o Paiosaco, capaz de darlle a volta a un 2 a 0 iniciais na segunda parte. E, ademais, cun golazo in extremis de Iván Amor que se coou pola escuadra esquerda de Anxo Pérez (2-2). Con este resultado, os verdibrancos demostran, unha vez máis, que con ilusión e actitude, ademais do potencial que xa de por se teñen, ningún muro é indestructible para eles, a pesar de ser os novos na categoría. Non queren que esta tempada pase ao recordo, senón darlle continuidade ao histórico ascenso. Van polo bo camiño.