As fantásticas de Fisterra, terceiras no certame «Quero cantar»

La Voz

A Laracha

O concurso organizouno a Deputación

19 novs 2018 . Actualizado ás 12:54 h.

Onte celebrouse no Teatro Colón da Coruña a final do concurso Quero cantar, da Deputación da Coruña. O terceiro posto da modalidade infantil foi para As fantásticas de Fisterra, que interpretaron Blues do faro. A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, destacou a calidade dos coros presentados. Gañaron grupos de Cortegada e Pontevedra