En marcha o proxecto de mellora de accesos ao parque empresarial larachés

La Voz

A Laracha

O proxecto está valorado en 120.000 euros e é cofinanciado entre o Concello e a Xunta

19 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Xa está en execución o proxecto de mellora de infraestruturas viarias do parque empresarial da Laracha, mediante o que se completarán os accesos principais ao polígono, tanto peonís como rodados, na zona sur e a noroeste. O proxecto está valorado en 120.000 euros e é cofinanciado entre o Concello e a Xunta.