Outro incendio forestal na zona intencionado, neste caso xunto ao campo de fútbol da Laracha

La Voz CARBALLO / LA VOZ

A Laracha

Os traballos de extinción prolongáronse durante máis de dúas horas

21 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Os incendios forestais supostamente intencionados sucédense na Costa da Morte desde que arrincou a tempada estival. Onte tocoulle a quenda ao termo municipal da Laracha. O aviso produciuse sobre as dúas da tarde ao observar un particular unha densa fumareda nas inmediacións do campo do fútbol municipal.

Rapidamente trasladouse aviso a Medio Rural, que enviou ao lugar a dous axentes forestais, seis brigadas (uns 50 profesionais), dúas motobombas e un helicóptero.

Os traballos de extinción prolongáronse durante máis de dúas horas, ata que ás cinco menos vinte da tarde o lume quedou completamente controlado. A rápida intervención dos equipos de extinción evitaron males maiores e só se perderon 0,7 hectáreas de arboledo e 0,3 de monte raso. No medio Rural teñen claro que o incendio foi intencionado polo que as forzas de seguridade tratan agora de pescudar quen o fixo. A orixe da chamas quedou situado xunto a unha estrada, nas inmediacións do campo de fútbol.