Obradoiro para mulleres na Laracha, dentro do programa «Dixitalizadas»

La Voz

A Laracha

XOAN A. ADOITAR

Será na primeira quincena do próximo mes

14 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Laracha acollerá, na primeira quincena do próximo mes, un obradoiro dirixido a mulleres no marco do programa Dixitalizadas, impulsado pola Fundación Mulleres, Fundación Cibervoluntarios e Google, en colaboración co Ministerio de Sanidade e o Fondo Social Europeo. O obxectivo é proporcionar alfabetización dixital ás participantes, mellorando as súas posibilidades de emprego, especialmente ás que residen en zonas rurais. Serán seis sesións, dunha hora cada unha, en horario de mañá. Máis datos no Concello.